18 diciembre 2005

Disputa

Teño a sensación de caer nun charco boca arriba. Ou coma dise vulgarmente, de caer de cu. Miro ao ceo gris, e aparecen cabeciñas curiosas que tentan disimular sen éxito a súa gargallada. Sinto a mesma vergoña do patio do colexio no que contaba ladrillos, ou da excursión de fin de curso, que tiña moito de fin de curso pero pouco de excursión. Charco tras charco, fracaso tras fracaso, vergoña tras vergoña, comecei a acostumarme a ser eu. Anque non sei se logro aceptalo de todo. Non, seguramente, non. Esa é a miña eterna disputa comigo mesmo. O peso que levo enriba.

10 diciembre 2005

Real

Ó amencer dun día cuberto de pesadas e grises nubes, permanecín sentado nunha cadeira sobre a area. Soplaba o vento. Pechei os ollos e mireite. Olleite como quen mira un faro na tempestade. Pechei os ollos e mireite coma se foses esa menciña que me calma, esas pingas de auga que me quitan a sede, esa manta que me arroupa cando teño frío. Ó abrilos, non estabas alí.
Supoño que a ausencia sempre é máis real

05 diciembre 2005

Arte

A comunicación cimentouse sobre mensaxes vacías, como as cidades construironse en base a aparcamentos subterráneos de dudosa legalidade. Cada vez falamos máis, dicimos menos, e quizá os máis listos, ou os máis maquiavélicos, saiban texela estratexia idónea, no momento preciso para o plan maxistral. Convencer ós demáis da nosa intelixencia (inexistente), do noso talento (en horas baixas), é todo un arte.Como cortar xamón de York fino. Ou saltarse a cola do autobús.

01 diciembre 2005

Morte


Ábrome paso entre a multitude para descubrir con horror,a miña propia morte atropelado por un coche fúnebre, atropelado pola súa velocidade, a súa inconscienciae o seu propio tormento. Miro as caras da xente que intentan mirar cara outro lado. Decátome da repulsión que provoca a minha imaxe. Tan morto. Tan só. Ninguén pasará o frío de ter que reconocelo meu cadávre.Non lles darei ese pracer.

Feridas

Non estou ó que debo estar. Máis ben atopome a varios kilómetros. Non atendo, non respondo, non fago. E por riba, caio por segunda vez en dous días. Agora teño feridas por todo o corpo, unha mala uva de mil pares, e laiame ata o agua osíxenada.Non, para o outro non me valen as tiritas. Para o outro só valesme tí.