Este texto no es mío, es de Xose Carlos Caneiro, publicado el Jueves pasado en La Voz de Galicia, la columna De Sol a Sol:
Na manifestación de Madrid, afirma La Voz, un neno de oito meses portaba un cartel eximio: "Mi madre no se llama Ramón". Foi un lóstrego, repugnante, o que correu o meu ventre. Un lóstrego miserable. Eu coñecín moitas nais, que non se chaman Ramón, que son peores que Ramón. E cóñecín familias rotas polo alcohol, polos malos tratos, polo desprezo e a miseria. Coñecín adolescentes que fumaban conmigo nas praias de Benidorm e que acabaron no cárcere, ou mortos, cando eu estudiaba na universidade. Coñecín familias que non eran familias, e tipos que non eran da miña familia que me sacaron de túneles longos, negros. Algúns bispos que non se manifestaron en contra da guerra nin dos moitos Prestiges do meu país, como Aznar e Acebes, saíron á rúa a berrar que su madre no se llama Ramón. Talvez non coñezan a Ramón en profundidade. Ramón é un tipo normal que ama a outro tipo normal. Por ese motivo Ramón irá algún día ao ceo (dixo Xesús): porque fai do amor o primeiro mandamento. E Ramón vai querer ao seu fillo como a miña nai me quere a min. Non pasou un día da miña vida en que non sentise por ela todo o amor do mundo. Todo. E se mamá se chamara Ramón, eu ía escribirlle tamén esta columna.
Prometo, Monseñor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario