28 febrero 2010

Arengas

Coido que me paso. Que tan así non se pode ser. Que vale que a vida é bastante canalla, pero tampouco é para porse deste xeito, a desconfiar a destro e siniestro, a confiar cegamente en quen non se debe e a peregrinar, ou mellor dito, mendigar un pouco de cariño. Que non, que non se pode ser tan borde, tan contradictorio, nen tan refunfuñón, nen tan sumamente simpático coas persoas equivocadas. Que hai que dicir o que se pensa, pensar o que se sinte, e sentir o que a un lle da a gana.
Arengas, as xustas. E disgustos, tamén.

27 febrero 2010

Senso

Non soporto ás persoas que non teñen sentido do humor. As tesas incapaces de bosquexar nin un sutil sorriso. As que racionalizan os chistes, as que acaban non entendéndoos. Non soporto cando poñen esa mueca de, "e que?". Din do sentido común, que é o menos comun dos sentidos. Penso que o sentido do humor é cousa moi seria. E de obrigado cumprimento. E que debería existir un Ministerio que se dedicara a elo.
Que quiten o de Cultura, total, hoxe en día non sirve para nada.

26 febrero 2010

Non

Antes houbo eiquí outro post. Xa non. Non fagan preguntas.
Non nolo merecíamos. Ter que mirarnos así. Baixo a choiva. Demasiada dor. Non. Non pode ser así. Sei que non sirve de nada. Pero esto é o pouco que podía facer. É amor.
Anque ás veces vístase de rabia. É só amor.

25 febrero 2010

Instancia

Estimado Sr. Ourizo:

Non por moito madrugar amanece máis temprano. Nen a quen madruga deus lle axuda, porque deus non é o xefe dunha oficina de reparto de alimentos espirituais racionados. Ou sí, e o subconsciente traicionou aos que xa non cremos en case nada, pero por algunha razón, conseguimos que a xente nos crea (sobre todo cando mentimos vilmente).
Con esto, que non ten que ver co que ven a continuación, quero solicitarlle que, por favor, cando a realidade non sexa do seu agrado, non intente sustituila por simulacros. Intente cambiala. Pese a que lle suba o sucre no sangue e corra o risco de ser felizmente diabético. Loite.
Agochar tanto a cabeza é malo para as cervicais. Créame (como me cren millóns de infelices cúbicos).

Atentamente,

O Telepredicador.

24 febrero 2010

Civilizacións

O pequeno traballador da fábrica de chocolatinas de mentira, roubaba bombóns de cartón pedra cando ninguén miraba.
O pequeno oficinista da sucursal do banco relixioso, roubaba moedas dun céntimo ocultándose baixo a mesa.
A pequena mestra do colexio de nenos albinos, roubaba os bocadillos de chourizos do almorzo.
A pequena empleada do museo do latón, roubaba utensilios de cociña danesa.

E así, construímos unha civilización. Na que as vacas son escorrentadas a berros e a palabra "ausonio" aparece no diccionario.