05 abril 2010

04 abril 2010

Patriotismo

Extrano patriotismo ese que agarda á entrada dos recintos. Extrano, o que sinala, o que marca, o que decreta, coma un Deus castigador, quenes entrarán nos ceos e quenes empodrecerán nos infernos. O mundo está desorbitado preso dunha paixón tamén desorbitada.
E o malo é que non é amor. Senon odio irreconciliable.

03 abril 2010

Latexar

Teño as palpitacións a tres mil. Unha taquicardia que avanza polo meu corpo coma un exército presto a invadir terras alleas. Que ben. Co que me gusta esta sensación. En fin. Que sí, que vale, que as cousas son como son, pero organizándoas mellor poderían ser doutro xeito.
Poderían deixar vivir. Poderían latexar máis despacio.

02 abril 2010

Maratón

Hoxe tócame correr unha maratón. Xa teño meu dorsal. Non estou moi convencido das miñas zapatillas, pero son as únicas que teño. Hoxe tócame correr ata o amencer, ata que desfaleza, ata chegar a non se sabe que lugar. Aquel grego que caeu e calou, non sabía o que estaba a inventar.

01 abril 2010

Matización

Partindo da base de que non sei absolutamente nada de nada sobre a vida, as relacións, as persoas, os momentos nin as situacións, paréceme convinte facer unha pequena matización sobre o que pasa pola miña cabeza: só mantendo unha actitude aberta ao aprendizaxe e á constante mellora conseguirei facer algo medianamente produtivo.
Eso sí, como volva a pasarme tres pobos coa autocrítica doume de hostias. Por imbécil.