11 mayo 2011

Unha persoa baixo miña cama

Existe unha persoa baixo miña cama. É igual ca min, pero diferente. Ten o mesmo tamaño, o mesmo grosor. A súa voz é lixeiramente máis grave e, segundo entendín, é máis intelixente. Ao contrario do que me sucede a min, esa persoa que hai baixo a miña cama non ten medo a morrer. Parécelle de mal gusto, nada máis. Gústame esa persoa.
Coido que vouna convidar a cear.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Para cuando el libro???(non peches que acabei de descubrir o blog hoxe!!)