10 julio 2009

Espertoulle o sol batendo na cara. Abriu un ollo. A habitación olía a alcohol, tabaco...e café. Incorporouse, e na mesilla atopou unha cunca de café. Colleuna, estaba fría. Baixo ela, atopou un papel dobrado pola metade, abriuno, e atopouse cuns preciosos beizos marcados nun vermello suave... quixo lembrar...era tarde, moito. Arredor das 4 da mañá ou así. Saudouna no alboroto do pub, o seu nome perdeuse entre acordes do Tainted love. Ulía doce, pero agradable. Levaba un bonito vestido, como unha preciosa golosina. Ulía doce. Entre risas e xestos saíron do pub, e presentaronse as linguas de camiño á casa.
Ergueuse, coa esperanza de atopala nalgun recuncho da casa. Nada, salvo os restos dunha cunca de café na cociña, marcada coa mesma cor dos beizos, entrou no baño, con sorte unha ducha poría as ideas en orde. Quería voltar a vela. Ulía ben.
Ao mirase no espello, descubriu os restos da noite, unhas boas marcas baixo os ollos, que facían xogo coas que adornaban o corpo.
Entraban no piso, notou os seus dentes no pescozo. Ulía ben. Dixolle "quero coñecerte", mentres deixaba caer un tirante do vestido, deixando ver un peito perfecto, redondo, ben feito, coronado cun suxerente lunar. Chegaron ao dormitorio mentres el perdía o resto da roupa.
Saiu da ducha. No lavabo, o pintabeizos. Volvera por el? buscouentre as suas cousas. Nada, nin un número nin nada. No mobil tampouco. Colleu un cigarro e foi á fiestra.
Ela roubaralle cigarros. Roubaralle cigarros, e logo bailaba sobre el, espida, con esa cor nin branca nin morena dos primeiros dias de xullo, bailaba sobre el, os peitos arriba e abaixo, redondos, acompasados coa respiración, e co que sentían. Ela miraballe, el admirabaa dende a súa posición. Os beizos, perfectos, o pescozo, terso e interesante, o ventre liso coma o mar que miraba dende a fiestra. Os ollos, escuros. As pernas suaves. E aínda así, non era capaz de completar o rostro que bicara a noite anterior, o corpo que percorreu con precisión estaba borroso na sua mente.
Namorara, pero non sabía máis dela. Ulía ben.

8 comentarios:

Fattyrv dijo...

http://locurasdiarias-fattyrv.blogspot.com/

Falbalá dijo...

Volvino ler.Gústame.E si, moi do teu estilo.
Non mudes a colonia.un bico

Arwen dijo...

Hmmm... iso e empezar as vacacións con bo pé e o demais son tonterias, moitos bicos e a ver se nos deleitas mais a miudo... un por mes e pouco... porfi porfi porfi!!!

Arwen dijo...

E con foto!!!

Lechuga dijo...

ais!!!! asi k namoraches e fumas!!! cantas novidades!! ^^

bikiños dende unha terra k non é a miña!! U.U

Lechuga dijo...

non... é k me gusta mais a miña versión!! un pobretolo fumao e namorao!!

jajjaja!! ^^

bixiños!!

Lili dijo...

Gústame moito :)

Lechuga dijo...

para cando outra destas?¿ ou e k xa non lle das uso a makina do cafe?