Gustaríame escribir un texto perfecto. Que o dixera todo en duas palabras. Precisas. Impactantes. Non un texto estándar que pasa sen pena nen gloria. Gustaríame expresalo todo, sen caer en obviedades nen perogrulladas. Un texto directo, sen sensibilidades lacrimóxenas, nen tampouco a crudeza estéril dalgunhas realidades.
Gustaríame escribir un texto redondo. Anque sexa pra dicir a enésima estupidez.
05 febrero 2010
04 febrero 2010
Xente
Hai xente que vai de cara. Hai xente que ten revés. E hai xente que non é máis ca o canto da moeda.
Hai xente que é visceral. Hai xente que é racional. E hai xente que simplemente non entende o que se lle está dicindo.
Hai xente que é sensible. Hai xente que nin sinte, nin padece. E hai xente que semella que non sabe o que quere.
E logo, hai xente, que só é eso, xente.
Hai xente que é visceral. Hai xente que é racional. E hai xente que simplemente non entende o que se lle está dicindo.
Hai xente que é sensible. Hai xente que nin sinte, nin padece. E hai xente que semella que non sabe o que quere.
E logo, hai xente, que só é eso, xente.
03 febrero 2010
Amencer
Cando a noite non é noite, senon prolongación do día, é difícil atoparlle senso ao amencer. Por iso, en breve, irei pra cama. A ver se lle collo o ritmo á vida.
02 febrero 2010
Desastre
Seino. Sé que soñei a historia máis sorprendente do mundo. E esquecina. Merda. Si é que son un desastre.
01 febrero 2010
Prezo
Vivo nun mundo pequechiño onde a xente dase de leites e non sabe moi ben por que. A min esquecéuseme desfrutar. Ou cecáis nunca souben facelo. Só o fago coas cousas que nunca serán pra min. Que están prohibidas, son caras ou de tan inaccesibles, non teñen prezo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)